Sinceramente, non sei cal é a pena de cárcere que lle correspondería a Cerillo se a Guci o volve a pillar a semellante velocidade, pero ¿son eu a única persoa que non dá imaxinado como se poden acadar 270 km/h ¡¡¡nunha pista secundaria!!!? Este mozo de Arteixo, por riba, colgou a súa fazaña en You Tube, o segundo grande oráculo da internet despois de Google, ou se cadra xa está por diante.
Pero ademais, os seus vídeos proxéctanse en pubs de Arteixo e A Laracha dende hai ano e medio e ninguén se escandaliza, todo o contrario. ¿Somos uns hipócritas por condenar en público estas actitudes cando o protagonista é loubado coma un heroe?
O protagonista recoñece que arrisca a súa vida, pero ¿será consciente de que arrisca máis vidas cá súa?
Mostrando entradas con la etiqueta Polemizando. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Polemizando. Mostrar todas las entradas
2007-12-03
BNG e Maleni, ¿pacto co demo ou estratexia efectiva?
Todos lembramos as desafortunadas palabras da ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, respecto do Plan Galicia: "Ese plan de mier...". Os traballadores de Ferroatlántica e Serrabal (os que cobran de Villarmir), levan semanas manifestándose porque o trazado do AVE da ministra pasa xusto, xusto, xusto polo medio e medio da mellor veta de cuarzo da mina de Serrabal, unha das mellores de Europa; e pasa tamén por algunha que outra aldea de interese turístico. A ministra dos socavóns, tamén, pero xa cae por outras terras para o que nos ocupa, que é o apoio do BNG á querida Maleni, que boa fe ten moita. Para documentarnos ben, aquí van algúns enlaces ás novas publicadas ó respecto en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Xornal, El País e El Mundo, por exemplo.
Destacamos un fragmento de El País por claro e conciso co que o BNG di que sacará a cambio do seu apoio: "El acuerdo incluye una entrevista de Anxo Quintana con Zapatero antes del 15 de diciembre, el desbloqueo de las transferencias que Galicia demanda desde febrero (la más importante es Salvamento Marítimo), la firma antes del 15 de enero del pago de la segunda parte de la llamada deuda histórica asistencial (51 millones de euros), la cesión del número de teléfono asociado al transporte de personas con problemas de movilidad y el compromiso de que los socialistas gallegos apoyarán en el Parlamento de Santiago la redacción de una proposición de ley reclamando al Congreso la transferencia de las competencias en materia de Tráfico".
¿Trátase dun pacto co demo do que nada se sacará en limpo, máis ca críticas e perda de credibilidade para os nacionalistas en Galicia?
¿É síntoma de que os políticos galegos están gañando peso na política estatal?
¿¡Que está pasando!?

2007-10-01
Outra inauguración
O bo que teñen as cousas novas é que sempre hai algo que estrear, moita ilusión, ideas rebuldeiras... Así que, seguindo nesta tónica, a paso lento pero seguro, inauguramos unha nova sección que, espero, ha ter moitos seguidores. "Polemizando". De momento, propóñense dous temas de debate e opinión.
- TEMA 1: Caso Maddelaine, ¿traxedia familiar ou show mediático? ¿Que opinades da actitude do matrimonio McCann durante todo o proceso (contaron desde o primeiro momento asesores de imaxe e comunicación e tardaron meses en contratar un detective para localiza-la súa filla) e do tratamento dos medios nacionais e internacionais do asunto?
- TEMA 2: Myanmar (antiga Birmania) e o papel do G-8, ONU, OTAN e demais siglas do "Primeiro Mundo". En cinco días, morreron 16 persoas (dous estranxeiros) pola defensa pacífica da democracia nun país dominado por unha dictadura militar que ignora os resultados das eleccións que eles mesmos permiten realizar; e uns 4.000 monxes budistas han ser encarcerados e humillados pola mesma razón. ¿Por que non nos entrometemos neste caso?
¡Tódolos vosos comentarios son benvidos! ¿Quen abre o debate?
P.D.: Non queda esquecida esa promesa de publicar as imaxes de todos e cada un e cada unha dos alevíns e alevinas inmortalizados na orla. Estamos liquidando algúns problemiñas técnicos, pero todo se andará.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)