2007-11-29

¿Apetécevos unha noite de Cluedo?

Poñendo a primeira pedra deste magnánime proxecto, ¡lanzo a primeira actividade á que quedan convidados/as tódolos membros desta nosa comunidade! Coñécese que a que escribe neste caso é da Costa da Morte, polo que o escenario vai se-la localidade de Cee (desgraciadamente coñecida no último ano por ter ardido no 90% nos incendios de agosto do 2006 e quedar inundada un mes despois). En concreto, no Hotel Ínsua.

Trátase dunha actividade que organiza Meigalicia. Vén sendo unha cea de Nadal (celébrase o sábado 22 de decembro) amenizada cunha morte sorpresa e todo un espectáculo de animación para converternos en detectives por unha noite. Consultade o programa e, se vos animades, lembrade que hai desconto por grupos de máis de 10 persoas.
Se o preferides, a noite anterior fan unha cea cun espectáculo diferente. ¿A quen lle van os vampiros?

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu animo a todo o mundo que poida a vir e ver as luceciñas de nadal que alumbran todo Madrid e como non as esculturas de xeo na zona de Azca. ¡Precioso!

Alevín de Xornalista dijo...

¿Ofreces aloxamento tamén, Isa? Porque ha de estar ben caro... A todo esto, ¿por que non lles sacas unha foto a esas vistas tan fermosas e nola mandas a xornalismo@gmail.com e así as publicamos no blog? ¡Sería unha boa forma de viaxar virtualmente ata Madrid!

Alevín de Xornalista dijo...

Rapaces e rapazas, se estabades interesados nesta oferta pero, por motivos económicos ou por problemas de axenda non vos cadraban as contas... ¡tranquilos! A mala nova para os que xa iamos ir é que non se vai celebrar esta actividade tal como estaba programada. A boa é que a pospoñen para o Entroido, así que pode ser que máis xente se anime a participar. Cando teñamos os datos definitivos da nova convocatoria, daremos boa conta dela.