
En moitas profesións, é obrigatorio estar colexiado para poder exercer. Por exemplo, o colectivo de hixienistas dentais están en pleno proceso de transición despois de que se publicase a
lei de creación do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, un dos últimos en nacer na nosa terra. Como dicía, no caso dos xornalistas non é preciso estar colexiado para traballar na nosa profesión, pero si ten algunhas vantaxes. Por exemplo, descontos e mesmo gratuidade nalgúns cursos de formación ou congresos, asesoramento xurídico ou amparo legal en conflitos laborais, ademais dun bonito carné que acredita que un é xornalista. Se estades interesados, é posible inscribirse directamente na
web do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Ademais, ata o 15 de decembro fan un
desconto de 30 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario